Color de relleno
#b3e6b3
Color de icono
#000
Icono
university

Pazo da Fillaboa

Pazo da Fillaboa

Fai un dous mil anos os romanos xa ordenaban o cultivo de viñas na Fillaboa.

A sublevación portuguesa de 1640 obrigou ao Marqués de Tavara, gobernador de Galicia, a fortificar esta leira. Finalizados os acontecementos bélicos que motivaran a súa existencia, a Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso.

Pazo Casa da Inquisición

Pazo Casa da Inquisición

A Inquisición española foi unha institución fundada en 1478 polos Reis Católicos para manter a ortodoxia católica nos seus reinos, pero a pouco de iniciar a súa andaina xa tiña no seu haber multitude de delitos froitos dunha hiperheterodoxia relixiosa.

O Portalón da Inquisición é o único resto que queda do pazo do que foi o seu fundador Bartolomeu Barbeito e Padrón, primeiro inquisidor do Tribunal Censor do Galicia en 1677, cargo que exercería durante once anos gobernando como autoridade máxima coa compracencia do Inquisidor Xeral.

Pazo Torre de Petán

Pazo Torre de Petán

No lintel da porta de acceso ao patio pode lerse a inscrición "ANO DE 1759", que non ha de significar necesariamente a data de construción da casa, xa que se teñen referencias documentais que citan aos Avalle como veciños desta parroquia de Corzáns no século XVI. 

Pazo de Souto

Pazo de Souto

O pazo do Souto atópase no barrio de Praza. As leiras que pertencían a este pazo abarcaron no seu día unha extensión non inferior ás 400 hectáreas, polo que comprendían unha boa parte da actual parroquia de Arantei.

Pazo de Lira

Pazo de Lira

García de Lira (fillo de García Bermúdez, froito á súa vez das relacións que o conde Bermudo Pérez de Traba mantivo con Godina da Matogueira), é o primeiro personaxe de apelido Lira, do cal se teñen novas.

Durante xeracións non se apartaría este apelido da importante casa solar de Lira, unha das máis nomeadas e con ramificacións por toda Galicia, chegando mesmo a Chile, probablemente buscando mellor fortuna tras os reveses sufridos pola familia como consecuencia das desavinzas existentes con Portugal no século XVII.

Fortaleza de Salvaterra

Fortaleza de Salvaterra

Construción orixinaria da Idade Media - en torno ao século X - respondendo a un recinto amurallado coas súas dependencias conformando unha envexable atalaia sobre o río Miño.

Fortaleza de Monção

Fortaleza de Monção

As murallas de Monção atópanse na ribeira do río Minho, levantándose do outro lado, xa en Galicia, o Forte de Salvaterra. Sigue o perímetro das súas murallas, gozando dunhas magníficas vistas sobre o río e a zona de ribeira. Terá unhas fermosas vistas sobre o parque de lecer e os baños termais; seguro que non poderá resistirse a baixar e coñecer máis de preto este agradable parque.

Marco Miliário Romano

Marco Miliário Romano

Marco Miliario da construción romana, adaptado a “pelourinho” durante o século 17. O marco, monolítico e dedicado ao emperador Claudio, situábase no lugar de Arinhos, xunto á Vía IV, ou 19 da Ruta Antonina, que saía de Bracara Augusta, a vila máis importante do “Conventus Bracaraugustanus”, cara a Astorga, por Tuy. Indicaba ao viaxeiro que se atopaba a 42 millas de Braga, unha cifra que concorda precisamente coa distancia de Braga a Tuy.

Parador de San Telmo

Parador de San Telmo

Reproduce fielmente un Pazo rural galego. Atópase a 1 km do centro de Tui, á beira do río Miño.

Petróglifo das Carneiras

Petróglifo das Carneiras

"Petroglifo situado na beira do río Miño.
Segundo Ernesto Iglesias Almeida e Plácido Méndez Cruces no seu libro ""Evocación histórica da cidade de Tui e as súas antigas rúas"", neste lugar pódese ver un gravado que semella un cervo e outras pegadas de difícil lectura."