Navega

Un dos lugares máis singulares da Península Ibérica atópase precisamente onde o río Miño toma o seu tramo final, desembocando no océano Atlántico e servindo de fronteira natural entre Galicia e o norte de Portugal. As súas beiras ocultan tesouros etnográficos, patrimonio cultural de alto interese turístico, vides milenarias, legados arqueolóxicos, rutas e itinerarios que só lograrás descubrir dun xeito diferente se o percorres a través da senda fluvial que acariña as localidades fronteirizas de Tui, Valença, Salvaterra e Monção. Estes municipios confraternizan formando un destino turístico de referencia onde brilla a diversidade cultural e natural de forma natural.

Navega o Miño, partindo de seis embarcadoiros diferentes e descubrindo no seu traxecto os elementos paisaxísticos, naturais e culturais que che ofrecen estes catro concellos. Para alén do barco, outras partes do percorrido poderán realizarse a través doutros medios combinables entre si, como son as sendas para emprender a pé ou en bicicleta, e estradas que poderás cruzar o teu propio vehículo particular ou en minitren turístico das Eurocidades.

 

Rio Mino Destino Navegable

                             


Embarcacións

O tramo do río comprendido entre Tui-Valença e Salvaterra-Monção poderá ser percorrido mediante embarcacións de ata 0,5 m de calado e unha lonxitude máxima de 24 metros, independentemente das condicións da marea ao longo do río. Posuirán unha capacidade para un máxima de 15 persoas e serán de baixo impacto ambiental.

Para iso, os Concellos crearon unha ·App para navegar, onde se pode coñecer en tempo real o calado do río Miño. Búscao en Google Store como “Calados Rio Miño”: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.concellodesalvaterra.caladosriomino&pli=1

App Calados Río Miño


Embarcadoiros

Poderás comezar a ruta partindo de calquera dos embarcadoiros situados nos diferentes municipios. Todos eles están previstos de pantaláns onde os barcos poderán ser amarrados, faise posible a navegación e dispoñen dun punto de información aos visitantes nas proximidades.

Embarcadeiro de Valença

Embarcadeiro do Porto

Embarcadeiro de São Pedro da Torre

Embarcadeiro da Pesqueira dos Frades Ganfei

Embarcadeiro do Clube de Remo de Tui

Porto Deportivo de Tui

Embarcadeiro da Senhora da Cabeça

Embarcadeiro da Fonte (Cristelo Côvo)

Embarcadeiro dos Pescadores

Embarcadeiro flotante de Lodeira

 

Club de remo de Tui

 

Campaña da ruta fluvial do río Miño

Tamén se pode realizar a excursión turística fluvial organizada polos 4 concellos (itinerarios temáticos: termal, eno-gastronómico, histórico e cultural, etc.) durante un día, que os concellos poñen a disposición dos visitantes a través do seguinte canal de reservas: https://www.hemisferios.org/

 

Paseos fluviais no Miño

Para gozar dunha experiencia en barco no río Miño, os 4 concellos poñen a disposición dos interesados, visitantes e turistas unha pequena embarcación turística para facer un paseo en barco de aproximadamente 1h00 para apreciar as fermosas vistas dos cascos históricos e das ribeiras do río Miño dende o río e gozar dunha nova experiencia na rexión. Estas excursións realízanse de forma regular ás 16h00 todos os días. Os interesados deberán apuntarse, a partir das 14h30, no quiosco informativo, situado preto da embarcación, que poderá estar no embarcadoiro de Tui ou Salvaterra.

Consulta aquí o horario de saídas

 

 

Paseos fluviales