Sendero Municipal río Miño
Sendero Municipal río Miño
Partimos do Parque da Canuda, seguindo o curso do río Miño ata atopar o río Tea, despois de cruzalo pola ponte da Fillaboa volvemos estar aos pés do padre Miño. Todo o percorrido discorre pola vera do Miño, entre a vía do tren e o propio río. Integramente no espazo Rede Natura 2000, polo que hai que ser moi respectuosos co medio. A ruta é un antigo camiño de pescadores habilitado agora para este evento, que se desenvolve no medio dun fermoso bosque de ribeira con fermosas vistas ao río.