Ruta Circular Salvaterra de Miño Larga
Sendeiros

Ruta Circular Salvaterra de Miño Larga

Ruta Circular Salvaterra de Miño Larga

Longo camiño circular ata Salvaterra de Miño. Partindo do paseo do río Miño, no parque de Canuda

O inicio do camiño, augas arriba do Miño, é por un camiño asfaltado ata chegar ás termas, unha vez aquí o pavimento cambia para introducirnos nun camiño, que coincide co itinerario do roteiro do río Mendo durante uns quilómetros. Pasando as termas, seguimos preto do río Miño por un pequeno sendeiro no medio dun bosque que remata nunha pequena estrada que vai paralela á vía do tren. Despois de pasar pola vía do tren e cruzar a estrada, entramos no camiño que vai paralelo ao río Mendo, e seguirémolo uns 7 km, ata atopar un desvío polo regato de Fontan. Dende aquí, seguindo as indicacións, subiremos intercalando camiños de montaña con pequenos tramos de camiños asfaltados ata a igrexa de San Xoan, punto máis alto de todo o percorrido.

Dende a Igrexa baixaremos ata o río Tea, onde atoparemos un camiño, seguimos todo o curso fluvial río abaixo durante 7 km e levaranos ata a ponte medieval da Fillaboa, moi preto da desembocadura do Tea. co Miño. Dende aquí tomaremos o paseo do río Miño que nos levará ata o punto de partida.