Sendeiros
Sendero Municipal río Miño
Sendero Municipal río Miño
Partimos do Parque da Canuda, seguindo o curso do río Miño ata atopar o río Tea, despois de cruzalo pola ponte da Fillaboa volvemos estar aos pés do padre Miño. Todo o percorrido discorre pola vera do Miño, entre a vía do tren e o propio río. Integramente no espazo Rede Natura 2000, polo que hai que ser moi respectuosos co medio. A ruta é un antigo camiño de pescadores habilitado agora para este evento, que se desenvolve no medio dun fermoso bosque de ribeira con fermosas vistas ao río. Neste camiño atoparémonos coas dúas pesqueiras, unha zona de rochas que entran no río con formas moi curiosas, a praia de San Mauro, de especial mención. O camiño remata na desembocadura do río Caselas, xunto a uns muíños.