Presentacion en Ayamonte
18 Outubro 2022
O proxecto Río Miño, un destino navegable presentado nun congreso internacional en Huelva

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu a coñecer hoxe os obxectivos deste proxecto que se realiza xunto con Valença, Salvaterra e Monção.

A presentación do proxecto transfronteirizo “Río Miño, un destino navegable” foi unha das ponencias que tiveron lugar esta mañá na  xornada sobre “Dinamización territorial, patrimonio e turismo no tramo internacional transfronterizo: o caso do río Miño”. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, desprazouse até Punta Umbría en Huelva, para dar a coñecer este proxecto desenvolvido polo concello de Tui xunto ao de Salvaterra de Miño e as Cámaras Municipais de Valença e Monçao.

Esta actividade é un dos tres seminarios organizados no marco do Foro Internacional de Transferencia de Coñecemento en Economía Azul que se celebra en Huelva dentro do proxecto europeo Atlazul. A organización corresponde ao Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR, socio nesta acción financiada polo programa Interreg V-A de España-Portugal (POCTEP).

O alcalde, Enrique Cabaleiro, tras rematar a ponencia salientou que “é toda unha satisfacción vir a presentar a un congreso internacional un proxecto que atañe directamente a Tui, á Eurocidade Tui-Valença, e tamén a Monçao – Salvaterra, convidados polo CETMAR”.  O rexedor tudense valorou positivamente “a acollida que este proxecto tivo neste congreso, o que nos anima a seguir traballando no mesmo”, avanzando que “debemos estudar a ampliación do mesmo cara unha segunda fase, na que haberá que reformular varias cuestións”. Engadía que “estamos diante dunha actuación que está encamiñada a pór en valor o río Miño, e mediante a súa posta en valor convertelo tamén nun elemento de dinamización turística e polo tanto económica, e tamén pondo en valor os recursos patrimoniais e culturais que temos, como un elemento de dinamización social”.

O proxecto Río Miño Navegable ten coma obxectivo principal mellorar a navegabilidade do río Miño internacional, pondo en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natural 2000 do Baixo Miño e aproveitando a existencia de patrimonio natural e cultural de alto interese turístico asociado á especificidade do territorio coma vantaxe competitiva fronte a outros destinos.  O proxecto centrouse na mellora da navegabilidade no tramo de 16 quilómetros comprendido entre as pontes internacionais Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, a adecuación de infraestruturas fluviais, no caso de Tui no embarcadoiro pantalán situado no Penedo, e a dotación de medios de mobilidade sostible coma o barco que realiza paseos fluviais. Tamén recolle este proxecto transfronteirizo a creación do Centro Transfronterizo de Interpretación Ambiental do Río Miño Internacional, e a posta en valor do corredor medio ambiental do río Miño, a consolidación da marca Visit Miño da que formou parte a apertura da nova oficina municipal de Turismo de Tui, e a creación da rúa fluvial do río Miño.

Fonte: Concello de Tui 

NOVAS SIMILARES

23 Decembro 2022

O Concello de Monção recibe o vindeiro 28 de decembro unha iniciativa cultural e turística no marco do proxecto “Río Miño: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte. O…

29 Novembro 2022

Os socios do mesmo amosaron o seu interese en poder darlle continuidade a esta iniciativa.

A ruta fluvial do río Miño da que entre febreiro e outubro gozaron 5.400 persoas foi unha das…

11 Novembro 2022

As actuacións desenvólvense nas Eurocidades de Valença-Tui e Monção-Salvaterra de Miño. As inscricións están abertas, cada unha limitada a un máximo de 20 participantes

Dentro do proxecto…