Programa
23 Decembro 2022
O proxecto “Río Minho: un destino navegable” chega a Monção aínda en decembro

O Concello de Monção recibe o vindeiro 28 de decembro unha iniciativa cultural e turística no marco do proxecto “Río Miño: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte. O programa das xornadas pretende fomentar as conversas informais e a posta en común de coñecemento, arredor de importantes temáticas que pretenden cruzar turismo, gastronomía, cultura e economía, entre outras, nas eurocidades de Tui-Valença e Monção-Salvaterra.

As xornadas realízanse na Biblioteca Municipal de Monção, sendo o inicio previsto para as 09h30 horas do día 28 de decembro. A mesa da conferencia trata temas como: “O turismo como vector económico”; “Traza a túa saúde: Turismo de Natureza como promotor de saúde e benestar”; e “O compañeiro de luxo nunha gastronomía única”. Cada tema contará con varios oradores convidados, expertos de cada área e representantes de cada concello. A conversa será moderada en portugués e castelán, con entrada libre.

Dirixidas aos axentes turísticos da comarca, as accións pretenden reforzar a marca común “Río Miño”, potenciando o coñecemento e o traballo en rede dos profesionais do sector.

Esta acción forma parte do proxecto “Río Miño: Un destino navegable”, apoiado polo Programa INTERREG V–A España–Portugal (POCTEP) 2014-2020, con financiamento europeo e ten como socios os concellos de Monção, Salvaterra de Miño, Valença e Tui, así como Turismo Porto e Norte de Portugal, Axencia de Turismo de Galicia e Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

NOVAS SIMILARES

23 Decembro 2022

O Concello de Monção recibe o vindeiro 28 de decembro unha iniciativa cultural e turística no marco do proxecto “Río Miño: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte. O…

29 Novembro 2022

Os socios do mesmo amosaron o seu interese en poder darlle continuidade a esta iniciativa.

A ruta fluvial do río Miño da que entre febreiro e outubro gozaron 5.400 persoas foi unha das…

11 Novembro 2022

As actuacións desenvólvense nas Eurocidades de Valença-Tui e Monção-Salvaterra de Miño. As inscricións están abertas, cada unha limitada a un máximo de 20 participantes

Dentro do proxecto…