Museo da Ciencia
Ruta turística cultural

Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea

Museo da Ciencia do Viño

O Castelo de Dona Urraca, cuxos orixes se remontan ao século XI, acolle na actualidade, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea - D.O. Rías Baixas, un dos maiores espazos sobre viticultura e enoloxía da Península, sendo, así mesmo, un dos máis interactivos do noso país. Non é, por tanto, unha galería ao uso, senón un impoñente despregamento de medios tecnolóxicos e didácticos, que permite ao visitante mergullarse nos seus contidos tan pronto se accede ao interior.

Neste maxestoso enclave, os contidos museísticos distribúense ao longo das dúas plantas do edificio. Na planta principal o visitante poderá coñecer, a través dunha retrospectiva histórica, a arte milenaria da elaboración dos nosos viños.

Na planta inferior recréanse dous ambientes diferenciados: unha adega tradicional e unha adega industrial. Un espazo cheo de lendas onde tradición e modernidade danse a man e no que grandes personaxes históricas deixaron a súa pegada.

A través dunha serie de paneis, pantallas táctiles, vídeos, xogos de preguntas ou maquetas o turista ou visitante pode aprender, divertíndose ao mesmo tempo, acerca das diferentes Denominacións de Orixe que existen en Galicia, as enfermidades da uva, as variedades de uvas cultivadas, os sistemas de plantación, as técnicas de enxerto utilizadas, os labores de poda ou os diferentes procesos de elaboración dos nosos viños brancos, tintos e espumosos.

Así mesmo, durante o percorrido menciónanse aspectos históricos clave dentro da historia do noso municipio e permítese a contemplación dos detalles arquitectónicos máis sobresalientes do castelo como son as escaleiras de caracol de dobre rampla, o pozo ou o “ vestidor” de Dona Urraca.

O percorrido finaliza nel, tamén, edificio histórico anexo a “Casa do Conde” coa degustación dun viño, Denominación de Orixe Rías Baixas- subzona Condado do Tea-, atalaia desde a cal se obteñen unhas vistas privilexiadas do río Miño. 

Un lugar onde aprender e divertirse van da man.