Bodega Pazo de San Mauro
Situado en Salvaterra do Miño, á beira do río, está o Pazo que preside a finca e que dá nome á adega. En 2003, Bodegas e Viñedos do Marqués de Vargas adquiriu esta histórica casa rural de 30 hectáreas nas Rías Baixas, na subdenominación elixida de Condado de Tea.
O Pazo de San Mauro, propiedade orixinalmente da nobre familia hispano-portuguesa dos Pereira de Castro, descendentes do rei Sancho I de Portugal, foi construído en 1591. O cultivo da viña estivo sempre ligado á súa historia, como demostra o restos do antigo lagar que se aprecian na súa construción, que dan fe de que xa se facía viño no século XVI.
Dende a súa adquisición realizáronse nela grandes investimentos, tanto na restauración dos seus nobres edificios como na construción dunha nova adega dotada da última tecnoloxía para unha óptima elaboración do viño.
Con máis de 40 anos de antigüidade, os viñedos do Pazo de San Mauro esténdense por unha finca de 30 hectáreas en socalcos de seixo á beira do río Miño, creando un anfiteatro natural e envolvéndoo coa súa maxia e misterio. As cepas plántanse en semivides para que os froitos, de produción moi restrinxida, medren en condicións óptimas e alcancen a máxima calidade. O solo, areoso na ribeira e pedregoso nas ladeiras e zonas altas, permite un cultivo óptimo das distintas variedades de vide e, aínda que a maior parte das cepas son albariños, tamén hai plantacións doutras variedades como Loureiro, e Godello.