Oficina de turismo Parque da Canuda
27 Agosto 2021
A nova oficina de turismo de Salvaterra de Miño rexistra mais de 600 visitantes no seu primeiro mes de funcionamento

Esta nova Oficina de Turismo xunto ao Parque Público A Canuda, situada nun lugar inmellorable, facilita tamén o acceso a persoas con mobilidade reducida. Esta preparada para ofrecer un servizo de calidade no que se atende todo tipo de consultas turísticas sobre ó municipio ademais de encargarse do servizo gratuíto de bicicletas de paseo. Estes dous servizos fan que esta oficina sexa un punto de referencia no verán para visitantes nacionais, internacionais e veciñ@s de Salvaterra de Miño na cal xa foron atendidas mais de 600 persoas neste mes que leva aberta ao público.

Esta nova oficina de turismo está situada nun punto estratéxico da vila, xa que esta a beira da ponte internacional que une coa vila de Monção. Esta ponte forma parte da Eurocidade Salvaterra de Miño- Monção pola cal transitan aproximadamente mais de 9.000 coches diarios.

Polo tanto, resulta idóneo habilitar este tipo de servizos turísticos sobre todo en época estival debido ao aumento de turismo, xa que esta oficina é unha ferramenta mais para impulsar ó sector turístico, propiciando así que os visitantes teñan unha experiencia satisfactoria que os empurre a volver a visitarnos, a recomendarnos e a axudarnos a posicionarnos como destino turístico transfronteirizo. Ademais de estar situada na entrada do Parque A Canuda, nunha clara aposta cara ó turismo familiar e que se complementa, como novidade, neste 2021, con catro novos porta bebés para as bicicletas de paseo.

O turismo vense traballando durante anos no Concello de Salvaterra de Miño, incluso antes de crear ó seu Museo da Ciencia e do Viño no que ademais de facer visitas guiadas tamén se ofrece información turística sobre ó municipio. É que o Concello de Salvaterra mantén a súa aposta polo sector turístico como promotor económico e para o desenvolvemento de actividades complementarias para que os turistas ou futuros turistas fagan gasto turístico nos locais de hostalaría, aloxamentos da vila e o impacto que deixa tamén no comercio local.

O horario da oficina de turismo é de mércores a domingo de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h, de agosto a novembro. O horario do servizo gratuito de bicicletas é de mércores a domingo de 10 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h, de agosto a novembro. (tódolos menores de 16 anos deberán traer o seu propio casco de protección para poder empregala. Os menores de idade precisan consentimento dun titor legal.)
 

NOVAS SIMILARES

23 Decembro 2022

O Concello de Monção recibe o vindeiro 28 de decembro unha iniciativa cultural e turística no marco do proxecto “Río Miño: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte. O…

29 Novembro 2022

Os socios do mesmo amosaron o seu interese en poder darlle continuidade a esta iniciativa.

A ruta fluvial do río Miño da que entre febreiro e outubro gozaron 5.400 persoas foi unha das…

11 Novembro 2022

As actuacións desenvólvense nas Eurocidades de Valença-Tui e Monção-Salvaterra de Miño. As inscricións están abertas, cada unha limitada a un máximo de 20 participantes

Dentro do proxecto…