Sendeiros
Paseo Fluvial de Tui
Paseo Fluvial de Tui
Aos pés do conxunto histórico de Tui, flanqueado pola muralla e o río Miño, o Paseo Fluvial ofrece unha zona de lecer para nenos e adultos. O camiño de madeira proporciona un agradable paseo, mentres que a zona axardinada invita a parar a gozar da paisaxe. Nas proximidades hai un parque infantil e outro biosaudable, xa na zona do Penedo. Se continuamos a andaina cruzaremos a desembocadura do río Tripes, e poderemos levarnos ata a antiga Ponte Internacional.