Miradoiro da Cruz de San Xiao
Miradouros

Miradoiro da Cruz de San Xiao

Miradoiro da Cruz de San Xiao

O Parque Natural do Monte Aloia posúe gran riqueza natural e patrimonial pero tamén estética e panorámica. Nunha atalaia de máis de 600 metros de altitude, sitúase este miradoiro natural no que destaca a gran cruz de San Xiao, erguida no ano 1900 e visible dende a poboación de Tui.

Dende aquí contémplase o curso do río Miño, os bosques das ribeiras galega e portuguesa e o amplo val fluvial, dende Salvaterra de Miño ata o monte de Santa Trega, xa na desembocadura. Exercicio de interese é recoñecer as vilas que se estenden polo Baixo Miño a ambos lados da fronteira con Portugal: Tui, Valença do Minho, Goián, Vilanova de Cerveira, etc.