A campaña da ruta fluvial do río Miño realizarase dende o 25 de febreiro ata o verán de 2022. A campaña consistirá na organización de excursións turísticas de día completo no territorio transfronteirizo constituído polos Concellos de Salvaterra de Miño, Monção, Tui. e Valença, onde un guía turístico dará a coñecer ao grupo de visitantes que se acheguen a coñecernos, os principais recursos e produtos turísticos do territorio.
Inicialmente haberá 3 rutas turísticas, onde a temática será a visita aos centros históricos e fortalezas das 2 Eurocidades. Poranse a disposición dos interesados dúas rutas curtas, unha en cada eurocidade, e despois unha ruta longa que une as dúas eurocidades. Estas rutas de día completo inclúen a visita ao casco histórico, un paseo de 1 hora en barco, con tempo libre a disposición do visitante para xantar e traslado en microbús e minitren ás Eurocidades.
Os interesados, turistas, excursionistas e visitantes, poderán anotarse na Central de Reservas do touroperador, Hemisferios, contratado polo proxecto. Ao ser un proxecto con cofinanciamento europeo, a inscrición é gratuíta, pero limitada a 15 persoas por grupo.
Por outra banda, ao tratarse dun proxecto piloto, a mediados de 2022 está prevista a posta en marcha de novas rutas temáticas, para poñer en valor as submarcas do Destino Río Miño. Ademais da ruta histórico-cultural, están previstas 4 novas rutas. Unha ruta gastronómica, asociada á pesca e a lamprea, unha ruta enoturística, asociada ao Albariño, unha ruta de saúde e benestar, con visita ás termas da comarca e, finalmente, unha ruta pola natureza, tendo en conta que estamos nun espazo Rede Natura. cun importante valor paisaxístico e natural.
Tour Eurocidade Tui-Valença
Tour Eurocidade Valença Tui
Tour Tui-Salvaterra-Monção-Valença
Máis información e reservas na Central de Reservas