Espazo natural
ZEC Baixo Miño
A área forma unha unidade co lado portugués, declarado ZEPA (PTZPE0001 Estuário dos rios Minho e Coura) e LIC (PTCON0019 Rio Minho).
A Zonas Especial de Conservación (ZEC) de Baixo Miño transcorre o longo do bordo meridional da provincia de Pontevedra (tocando o extremo sudoccidental de Ourense en Padrenda) e facendo fronteira con Portugal. As localidades de referencia no lado galego son A Guarda, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente.