Castro Alto dos Cubos
Sendeiros

Senda do Alto dos Cubos

Senda do Alto dos Cubos

A ruta, de gran interese arqueolóxico, lévanos ata o Alto dos Cubos ou miradoiro de Cabeza de Francos, que toma o nome do barrio situado aos seus pés. Este punto ofrece boas vistas sobre o río Miño e a cidade de Tui. Cun itinerario circular, dende esta parada báixase ata a pista da Trapa. Despois da charca de Trapa, a ruta volve a subir a Frinxo.