Pesqueiras del Río Miño
Punto de interese

Pesqueira de San Pedro II - Arantei

Pesqueiras del Río Miño

Como verdadeiros colosos de pedra fondeados nas beiras do pai do Miño erguen as pesqueiras, construcións feitas para capturar á raíña dos nosos ríos, a lamprea.

O Miño foi dende sempre unha das grandes fontes de recursos para as poboacións ribeirenses. Das pesqueiras captábase troita, salmón ou lamprea en macetas e vituróns, como medio de sustento e complemento da economía familiar. Pero, sen dúbida, o ben máis prezado que o río Miño nos ofreceu, e segue ofrecendo, é a lamprea. A súa importancia é coñecida dende a antigüidade na mesa dos emperadores romanos, facéndoos chegar vivos de Galicia a Italia.

Non obstante, non será ata a Idade Media cando exista documentación fidedigna deste tipo de edificacións, momento no que se recolle a propiedade das pesqueiras e o pago de rendas e impostos en forma de lampreas a mosteiros como os de Melón. e A Franqueira, así como certas casas feudais da zona.

Actualmente hai tres pesqueiras rehabilitadas no concello de Salvaterra de Miño, que parten da desembocadura do río Tea, seguindo o paseo fluvial dende a fortaleza de Salvaterra, río arriba e ata o límite co concello das Neves. As tres pesqueiras son Maximina, A Bucheira e Mon, construcións de pedra que foron rehabilitadas no ano 2015. A maioría das pesqueiras teñen nome propio e a súa explotación pasa de pais a fillos por herdanza familiar.

Con máis de 20 metros de lonxitude cada un e entre 3 e 5 metros de altura, os "poios" ou muros semellan grandes muros que se asentan no cauce do río. Entre as pedras dos poios atábanse os vituróns, grandes redes cónicas, onde entraban as capturas, pero non podían volver saír.