Espazo natural
Parque Natural Monte Aloia
Hoxe o Monte Aloia é unha sinfonía de cor nas alturas que cambia con cada estación: o amarelo do toxo e a xesta, o branco da xara, o lila da uz...
É o resultado dunha exótica repoboación realizada hai 100 anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano. Declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia, o monte Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o río Miño. No monte hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas. Dise que aquí as eguas salvaxes son fertilizadas polo vento. Tamén que este é o mítico Monte Medulio, escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caeren en mans dos romanos. Talvez.