Ruta turística patrimonial relixioso
Igrexa de San Francisco
Igrexa de San Francisco
A súa fachada branca pódese ver nada máis chegar ao centro de Tui, equilibrada, sobria. A igrexa neoclásica de tres naves presenta unha fermosa cúpula, un gran coro, o retablo maior de 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777. Formaba parte dun convento franciscano. Xunto a el, o Seminario Menor Diocesano alberga un pequeno claustro e unha interesante biblioteca.