Termas
Espazo Termal Teans
Espazo Termal Teans
Están consideradas as maiores augas termais ao aire libre de toda Galicia. Conta con 3 fontes termais e unha auga fría que brotan do subsolo das beiras do río Miño. As súas augas mineromedicinais e termais son útiles en procesos respiratorios e dermatolóxicos, pola acción das súas augas sulfurosas, así como para combater enfermidades respiratorias e dixestivas grazas ao efecto das súas augas cloradas e sulfatadas, respectivamente.
O acceso, permitido a maiores de 14 anos (ou menores baixo prescrición médica) é gratuíto e o horario de atención é de 9 a 12 e de 19 a 23 (de xuño a setembro) e de 10 a 13 h. de 17.00 a 21.00 horas (de outubro a maio). Este espazo termal está pechado todos os luns do ano por labores de mantemento.