Catedral de Santa María de Tui
A Catedral de Tui preside o conxunto histórico de Tui. O seu aspecto fortificado e crisol de estilos arquitectónicos domina as panorámicas da cidade.
A súa edificación iniciouse en 1120 e prolongouse ata 1225 cando foi consagrada, en tempos de Alfonso IX, polo bispo Egea no mes de decembro.
O románico domina a construción inicial do templo, destacado a portada norte, e foi rematada en gótico tendo no pórtico catedralicio o primeiro exemplo da escultura gótica na Península Ibérica.
Os órganos bárrocos, a sillería do coro, o retablo da Expectación, a capela das Reliquias, o claustro, o Museo Catedralicio, son só algúns dos elementos destacados do principal templo tudense sede amais da diocese de Tui-Vigo.
A entrada á Catedral ten un prezo de 4€, contemplándose descontos para distintos colectivos, e inclúe o servizo de audioguía. O acceso é gratuíto para os residentes e nados na diocese de Tui-Vigo e para os menores de 12 anos. Ofértanse amais visitas guiadas ao templo, principalmente ás cubertas, cuxos horarios débense consultar na propia Catedral.