FITUR
18 Enero 2022
“Río Miño: un destino navegábel” presentado na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR)

A presentación terá lugar mañá mércores, a primeira hora da tarde, no stand de Galicia. No que participan as dúas Eurocidades, Monção-Salvaterra e Valença-Tui, o proxecto “Río Miño: un destino navegábel” presentarase mañá mércores, 19 de xaneiro, ás 15.00 horas, na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), no stand de Galicia.

Tendo como socios ao Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Axencia de Turismo de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, o “Río Miño: un destino navegábel” forma parte do programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP), co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O proxecto redundará na posta en marcha dun conxunto de medidas e actividades centradas no atractivo e sostibilidade do río Miño, como Destino Turístico Transfronteirizo. Entre estas, a Ruta Fluvial do Río Miño, presentada o pasado 17 de decembro, no embarcadoiro de Salvaterra de Miño.

A Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) é a maior feira de turismo do mercado español e unha das máis importantes do mundo. Este ano, a 42ª edición, desenvólvese entre os días 19 e 23 de xaneiro, abrindo o circuíto internacional de eventos relacionados co sector turístico.
 

NOTICIAS SIMILARES

23 Diciembre 2022

El Municipio de Monção recibe una iniciativa cultural y turística en el ámbito del proyecto “Rio Minho: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte, el día 28 de diciembre. El...

29 Noviembre 2022

Los socios del proyecto han mostrado su interés en poder dar continuidad a esta iniciativa.

La ruta fluvial Río Miño que disfrutaron 5.400 personas entre febrero y octubre fue una de las...

11 Noviembre 2022

Las actuaciones se desarrollan en las Eurociudades de Valença-Tui y Monção-Salvaterra de Miño. Las inscripciones están abiertas, cada una limitada a un máximo de 20 participantes

En el...