Logotipo do proxecto
16 Febrero 2019
Navegabilidade do Miño entre Tui e Salvaterra

A partir do ano 2020 o río Miño será navegable entre Salvaterra e Tui. Esta decisión débese á aprobación do proxecto “Río Miño: un Destino navegábel” por el programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Desta maneira Bruxelas autoriza e subvenciona a navegabilidade do río Miño que vai ser percorrida por barcos turísticos que farán escala nas cidades de Tui, Valença, Monção e Salvaterra. O proxecto será liderado polo Concello de Salvaterra e conta como socios Tui, Valença, Monção, así como Turismo de Galicia e a Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e o Ente de Turismo Porto e Norte de Portugal. Este proxecto conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros.

Isto será un gran impulso turístico e económico, especialmente, para o Sur de Galicia e Norte de Portugal cunha poboación aproximada de 1 millón de habitantes. O impulsor da idea de navegabilidade do río Miño foi o Concello de Salvaterra que sempre soñou con crear un ‘pequeno Douro’ neste río Miño que ten a vantaxe de ter dúas beiras de distintas nacionais. Os barcos turísticos permitirán viaxar polo río Miño e, mediante a instalación de pantaláns flotantes, poderanse visitar as adegas e viñedos, castelos, murallas e fortalezas, centros históricos, parques da Natureza, rutas eno-gastronómicas, pesqueiras do río Miño, Illa de Fillaboa co seu centro de interpretación medio ambiental do río Miño e carreiros e ecopistas. Este proxecto tamén recolle o aluguer de minitrens turísticos nas Eurocidades Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Os tramos das paradas fluviais intermedias estarán unidos por minibuses. Para iso realizaranse obras de adecuación dos espazos próximos nos embarcadoiros co fin de permitir o estacionamento de vehículos particulares, taxis e parque de bicicletas, entre outros.

Esta actividade promoverá o valor natural e paisaxístico do corredor ambiental do río Miño, área clasificada como lugar de importancia comunitaria da Rede Natura 2000, a ambos os dous lados da fronteira. As accións partirán da illa Fillaboa do río Miño espazo singular e de alto interese paisaxístico, situado na desembocadura do río Tea, río Miño e de propiedade do Concello de Salvaterra. Na illa de Fillaboa instalarase un Centro Transfronteirizo de Interpretación Ambiental con exposición permanente e interactiva co fin de dar a coñecer aos visitantes o patrimonio natural e concienciar á poboación para a súa conservación e preservación. Para acceder á illa Fillaboa adquirirase un barco de madeira destinado ás visitas á illa. Ademais recupérase a memoria histórica dos antigos residentes da Illa que efectuaban a travesía nun barco de madeira.

Outros dos traballos consistirá nun inventario da bibliografía e cartografía do patrimonio natural dos dous lados da fronteira, creando un sistema de xestión e de información común e harmonizada. Terá unha páxina web propia e un Geoportal do río Miño Internacional. Inclúe, ademais, un vídeo de promoción que dará a coñecer os valores paisaxísticos e faunísticos do corredor medio ambiental do Miño. Outra das accións comprende será crear unha Ruta Transfronteiriza de Observación da Avifauna con sinalización de dirección e interpretación e observatorios de aves que se colocarán nos principais puntos de visualización. Formarase un Kit do Observador constituído por unha mochila, auriculares, lapis e unha guía de observación de aves. Este kit estará a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo das dúas Eurocidades.

Nunha primeira fase, está prevista a redacción dun estudo para identificar as áreas máis degradadas que necesitan intervención. Acompañado de accións como a erradicación das especies exóticas invasoras que poñen en risco a biodiversidade existente e anticipando as necesidades de recuperación de abrigos e estruturas de reprodución. Contémplase un programa de repoboación da vexetación, da fauna autóctona, tendo en conta o período normal de inundación e o período crítico de nidificación das aves. Nunha segunda fase, procederase á recuperación e cualificación do corredor fluvial do río Miño Internacional nos territorios españois e portugueses, ao longo das marxes do río e áreas adxacentes dos cursos de auga con accións de limpeza, restauración, retirada dos residuos depositados, vexetación inútil e sedimentos.

Os traballos acompañaranse de programas estables de accións de sensibilización e educación de forma conxunta coa comisión sectorial de educación das Eurociudades co fin de organizar visitas dos centros educativos, con accións nos días máis simbólicos asociados á protección do medio ambiente por exemplo o Día Mundial do Medio Ambiente, Día Internacional da Árbore, entre outros. Co propósito de implicar á poboación, especialmente aos mozos, crearase un programa de Voluntariado Ambiental.

Por outra banda, preténdese valorizar a existencia de recursos endóxenos e puntos de interese turístico asociados á especificidade da fronteira tales como río Miño, fortalezas da raia, paisaxe natural, patrimonio histórico e cultural das zonas vellas, diversidade cultural e lingüística, contrabando, termalismo, adegas do Albariño e Condado, entre outras, nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos. Nos catro concellos, promocionaranse as oficinas de turismo. Turismo de Galicia e a entidade Turismo Porto e Norte de Portugal crearán unha canle turística do Destino con contidos multimedia, producindo vídeos de promoción, sempre considerando os distintos perfís de turistas e segmentos de mercado de turismo.

Respecto ao enoturismo, organizaranse xornadas eno-gastronómicas as fins de semana, enoturismo (adegas, Albariños, Condados, Termas, Fortalezas, etc-) e paquetes turísticos comúns que permitirá ao turista gozar da diversidade e complementariedade do Destino e así ampliar a súa estadía no Miño. A nivel externo, situaranse tendas virtuais do Destino en puntos estratéxicos da Eurorrexión. Esta subrexión do Miño farase representar nos grandes certames de turismo da Península Ibérica conxuntamente nos stands de turismo de Galicia e Norte de Portugal.
 

NOTICIAS SIMILARES

23 Diciembre 2022

El Municipio de Monção recibe una iniciativa cultural y turística en el ámbito del proyecto “Rio Minho: un destino navegable”, en colaboración con Turismo Porto e Norte, el día 28 de diciembre. El...

29 Noviembre 2022

Los socios del proyecto han mostrado su interés en poder dar continuidad a esta iniciativa.

La ruta fluvial Río Miño que disfrutaron 5.400 personas entre febrero y octubre fue una de las...

11 Noviembre 2022

Las actuaciones se desarrollan en las Eurociudades de Valença-Tui y Monção-Salvaterra de Miño. Las inscripciones están abiertas, cada una limitada a un máximo de 20 participantes

En el...