Ruta turística patrimonial
Petróglifo de Rozacús
Petróglifo de Rozacús
Fermoso petróglifo, catalogado como BIC, situado sobre unha laxa de pedra granítica fracturada que segue a caída da aba da ladeira. Nela podemos ver un conxunto de inscricións composto de cazoletas, círculos e animais. Posúe un desgaste lonxitudinal por mor da tradición asociada a esta pedra. Este petróglifo, descuberto no seu día polo “Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño”, foi declarado Monumento histórico-artístico – Decreto 3741/1974 20 de decembro de 1974. Na contorna, subindo o corta lumes en dirección Este, podemos ver varios petróglifos representando cuadrúpedes, círculos, liñas e cazoletas, todos eles en diferentes estados de conservación.