Proxecto

Logotipo proxecto

O proxecto "Río Miño: un destino navegábel" (acrónimo MIÑO DESTINO NAVEGABLE) foi aprobado na segunda convocatoria do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co apoio da Unión Europea, e está cofinanciado polo Fondo da Unión Europea para o Desenvolvemento Rexional (FEDER).

 

Misión

Resultante dun traballo de proximidade e de cooperación transfronteirizo entre as institucións locais e rexionais con competencias en materia de desenvolvemento local, de promoción do turismo e de conservación da natureza, o proxecto ten como obxectivo mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, poñer en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

 

Socios

 

  • Concello de Salvaterra de Miño
  • Câmara Municipal de Monção
  • Concello de Tui
  • Câmara Municipal de Valença
  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia
  • Axencia Turismo de Galicia
  • Turismo Porto e Norte de Portugal, E.R.

 

Obxectivos

 

  • Mellora das condicións de navegabilidade do río Miño Internacional.
  • Mellora da protección e xestión sostible do corredor ambiental do río Miño Internacional.
  • Consolidación da marca Visit Río Miño coa creación dunha ruta turística navegable no Río Internacional Miño.

 

Plan de Actividades


ACTIVIDADE 1 - MELLORA DA NAVEGABILIDAD DO RÍO MIÑO
Acción 1.1 - Elaboración de estudos de navegabilidade
Acción 1.2 - Adecuación das infraestruturas fluviais para acoller novos fluxos turísticos
Acción 1.3 - Dotación de medios de mobilidade sostible
ACTIVIDADE 2 - VALORIZACIÓN DO CORREDOR MEDIO AMBIENTAL DO RÍO MIÑO INTERNACIONAL
Acción 2.1 - Centro Transfronteirizo de Interpretación Ambiental do Río Miño
Acción 2.2 - Ruta de observación de aves
Acción 2.3 - Recuperación de hábitats e concienciación ambiental do Río Miño Internacional
ACTIVIDADE 3 - CONSOLIDACIÓN DA MARCA VISIT RIO MIÑO
Acción 3.1 - Creación da rede de oficinas de turismo do destino
Acción 3.2 - Organización de accións de promoción do destino
Acción 3.3 - Plataforma de Destino Intelixente
ACTIVIDADE 4 - CREACIÓN DO ROTEIRO FLUVIAL DO RÍO MIÑO
Acción 4.1 - Deseño de rutas
Acción 4.2 - Implantación da ruta
Acción 4.3 - Promoción e comercialización da ruta
ACTIVIDADE 5 - XESTIÓN E COORDINACIÓN
ACTIVIDADE 6 - COMUNICACIÓN
Acción 6.1 - Posta en marcha do proxecto
Acción 6.2 - Promoción e difusión do proxecto
Acción 6.3 - Peche do proxecto

 

Resultados esperados

 

  • Mellora das condicións de navegabilidade e transbordo do río Miño que permitan o pleno desenvolvemento das actividades de ocio e turismo náutico e fluvial.
  • Mellora da seguridade e prevención dos riscos hídricos e concienciación da poboación sobre os riscos naturais e o cambio climático.
  • Xestión e planificación conxunta e coordinada do corredor ambiental ZEC Baixo Miño/Río Minho, que redunda nunha mellora da protección, reforzo e uso sostible do corredor ambiental do Miño.
  • Achegar á poboación ás zonas de ribeira e ecosistemas asociados e concienciar á poboación local da necesidade da súa conservación e posta en valor.
  • Consolidación do Río Internacional Miño, como destino turístico fluvial de referencia, singular e diferenciado, froito da posta en valor do seu patrimonio histórico, cultural e natural.
  • Sensibilización dos axentes turísticos rexionais/locais sobre o Destino Transfronteirizo Río Miño e os seus itinerarios turísticos.
  • Mellora do coñecemento sobre o patrimonio cultural e natural conxunto do Destino Río Miño e mellora da calidade das decisións dos actores turísticos da fronteira e dos xestores do destino.
  • Xestión sostible, integrada e en rede do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do Val do Miño.
  • Diversificación da economía local e mellora da calidade ambiental da súa contorna, mediante a creación de condicións idóneas para o investimento público-privado para o fomento da actividade náutica e o turismo, orientado a desenvolver o potencial turístico do río Miño, como destino fluvial.
  • Maior cohesión social e económica das aglomeracións urbanas transfronteirizas do Miño, e maior visibilidade cidadá para os logros da cooperación transfronteiriza local, froito do fortalecemento da capacidade institucional transfronteiriza e da consolidación e estreitamento das relacións no marco. de implantación das Eurocidades de Valença-Tui e Monção-Salvaterra.

 

Cartel