Ruta Judia
Sendeiros

Ruta Xudea

Ruta Xudea

Tui atesoura un importante patrimonio vinculado á presenza na cidade da comunidade xudía e xudeoconversa. Destacan os Sambenitos, atopados hai anos no arquivo da Catedral e que están arestora no Museo Diocesano. Son pezas únicas en Europa. A isto súmase a Casa de Salomón, única en Galicia na súa tipoloxía, situada na rúa Canicouva conta cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda. Tamén compre destacar a Menorá do claustro catedralicio que é testemuña da relación que existía entre a comunidade xudía e a cristiá.  Estes son os tres elementos máis destacados cos que Tui conta ligados á importante comunidade xudía que houbo na cidade, aos que se suman moitos outros coma a sinagoga, a carnicería...