Punto de interese
Illa da Fillaboa
Illa da Fillaboa
Atópase a 1,5 km. do parque da Canuda e é unha das dúas illas que se atopan na confluencia dos ríos Miño e Tea.
A Illa da Fillaboa, adquirida polo Concello de Salvaterra de Miño, ten unha superficie de 110.000 metros cadrados e está catalogada como Espazo Protexido dentro da “Rede Natura 2000” pola súa gran riqueza faunística e ambiental.