Ademais das viaxes gratuítas en barco, a iniciativa comeza con dúas rutas curtas e unha longa, que inclúe visitas ás dúas Eurocidades implicadas no proxecto: Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Presentada o pasado 17 de decembro, no embarcadouro de Salvaterra de Miño, a presente semana foi designada como punto de partida desta iniciativa no marco do proxecto “Río Miño: Un destino navegábel”, apoiado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Debido ás restricións impostas polo Goberno portugués, a Xunta de Galicia e as recomendacións sanitarias de ambos os países, os catro concellos decidiron aprazar ata novo aviso o inicio da campaña da Ruta do Río Miño.
En funcionamento todos os días ata o verán de 2022, a ruta fluvial do río Miño inclúe paseos gratuítos en barco, ademais de dúas rutas curtas e unha longa, excursións guiadas que inclúen visitas ás dúas Eurocidades implicadas no proxecto: Monção-Salvaterra e Valença-Tui. Tanto na ruta longa como na curta, é necesario facer a reserva co touroperador, a través da páxina web www.hemisferios.org. Ademais de ofrecer viaxes fluviais relaxantes e inspiradoras, ambas rutas mostrarán o diverso patrimonio natural, cultural e etnográfico das catro cidades fronteirizas.
Os paseos gratuítos en barco, que teñen unha duración aproximada dunha hora, tamén teñen saídas alternas desde Salvaterra de Miño e Tui, con embarque por orde de chegada. O barco, con capacidade para 24 persoas, dispón de 15 prazas, co fin de garantir a distancia recomendada polas autoridades sanitarias de ambos os países.